Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Salvemos Cabana celebra a dimisión de Francisco Aréchaga, director xeneral corporativo da Mineira de Corcoesto

Fuente: Redacción | Publicado: 25-09-2013
0 comentarios | Votos: 39 | Nota: 1 |
A plataforma cidadá Salvemos Cabana solicitara recentemente á Xunta de Galicia o cesamento de Francisco Aréchaga Rodríguez. O motivo é que, simultaneamente, Aréchaga exercía a presidencia da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) -un órgano consultivo tutelado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia- e desde o pasado 10 de setembro tamén director xeneral corporativo de Mineira de Corcoesto S.L. –sociedade de Edgewater para executar o proxecto na comarca de Bergantiños. A plataforma cidadá entendía que exercía funcións “de xuíz e de parte” ao estar ao mesmo tempo en ambos postos.

As condicións nas que Aréchaga Rodríguez era membro da COMG cambiaran nos últimos meses. No seu día elixido para este órgano consultivo como representante de Endesa, hai poucas semanas deixou esta compañía ao ser contratado por Edgewater para dirixir o proxecto mineiro de Corcoesto. Un cambio de actividade profesional que non comportou, como era de esperar, a súa dimisión como membro deste órgano.

Ademais, a dimisión de Aréchaga Rodríguez como presidente da COMG tampouco terá carácter inmediato. A directiva deste órgano leva en funcións desde o pasado mes de xuño, cando se suspenderon as eleccións que debían renovar a nove dos seus vocalías, de forma que non deixará a presidencia efectiva ata que se celebren novamente estas eleccións.

Mentres tanto, aínda que xa dimitido, Francisco Aréchaga Rodríguez, enxeñeiro de minas asturiano, seguirá ocupando ambos postos. Na práctica, a situación de interinidade padecida pola COMG debería paralizar un tempo a situación procesual na toma de decisión final sobre o proxecto mineiro de Corcoesto; xa que este órgano consultivo esixe audiencia obrigatoria previa a calquera conclusión.

Sobre esta paralización de facto, Salvemos Cabana tamén mostrou a súa satisfacción porque, interpretan, a contratación premurosa de Aréchaga Rodríguez por Edgewate “obedecía á intención da compañía de presionar á Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto mineiro, actualmente paralizado polos problemas económicos da empresa para afrontar o investimento previsto.”
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme



O MÁIS LEIDO

CxG pide a AGE que 'deixe de facerlle o xogo ao PP' coa situación do deputado Fernández Calviño
O secretario xeral de Compromiso por Galciia (CxG), Xoan Báscuas, pediu a Alternativa Galega de Esquerda que "deixe de facerlle o xogo ao Partido Popular" e "acabe dunha vez co patético espectáculo derivado da situación do deputado David Fernández Calviño".
A Garda Civil detén en Poio (Pontevedra) a un home acusado de 14 roubos na localidade
A Garda Civil informou este sábado da detención de J.M.P.I., de 40 anos de idade e veciño de Poio, como suposto autor de, polo menos, 14 roubos con forza acontecidos nos últimos dous meses en varios establecementos da localidade.
Xunta, técnicos e sector trasladan unha mensaxe de 'certo optimismo' ante a estabilización da marea vermella
O sector bateeiro destaca que "non se pode falar de perdas económicas porque non hai mortaldade e o mexillón segue nas cordas"
Escotet pide a Castellano que 'medite' formar parte do novo consello de administración tras a compra de NCG Banco
Ambos os dous presidentes abordan nunha reunión de case dúas horas a etapa de transición que se inicia agora
O BNG ve a Feijóo o 'campión da crueldade' e apela ao 'espírito de Riotorto' para a 'insumisión' ante os copagos
Vence nega "aforro" e acusa ao PP de ter unha estratexia de "desmantelamento" da sanidade pública para "fomentar a privada"

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes